Antoni Asunción
(2015) | |
Nome orixinal | (ca) Antoni Asunción Hernández |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xullo de 1951 Manises, España |
Morte | 5 de marzo de 2016 (64 anos) Valencia, España |
Causa da morte | cancro |
Voceiro do Grupo Parlamentario Socialista nas Cortes Valencianas | |
9 de xullo de 1999 – 20 de setembro de 1999 ← Antonio Moreno Carrasco (en) – Antonio Moreno Carrasco (en) → | |
Deputado nas Cortes Valencianas | |
13 de xuño de 1999 – 20 de setembro de 1999 (renuncia) – Nuria Espí de Navas (en) → Electo en: 1999 Valencian regional election (en) | |
Ministro do Interior de España | |
25 de novembro de 1993 – 6 de maio de 1994 ← José Luis Corcuera – Juan Alberto Belloch → Nomeado por: Felipe González | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
25 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996 Lexislatura: V lexislatura de España Circunscrición electoral: Valencia Electo en: Eleccións Xerais 1993 en España | |
2º Presidente da Deputación de Valencia | |
6 de xuño de 1983 – 7 de setembro de 1988 ← Manuel Girona Rubio – Francisco Blasco Castany (en) → | |
1º Alcalde de Manises | |
19 de abril de 1979 – 7 de maio de 1983 – Rafael Tos Viala (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valencia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español (valor descoñecido–2013) |
Membro de | |
Premios | |
|
Antoni Asunción Hernández, nado o 12 de xullo de 1951 en Manises e finado na mesma cidade o 5 de marzo de 2016[1], foi un político valenciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro industrial e militante do PSOE, foi elixido alcalde de Manises, a súa vila natal, nas primeiras eleccións municipais da democracia, en 1979. Posteriormente repetiu a vitoria nos comicios de 1983, pero ao ser designado días despois presidente da Deputación de Valencia abandonou a alcaldía. Continuou no cargo de presidente da Deputación ata 1988, logo de revalidar o posto despois das eleccións municipais de 1987. Nese ano é nomeado director de Institucións Penintenciarias por José Luis Corcuera, e permaneceu nese posto precisamente até que substitúe a este á fronte do Ministerio do Interior, en 1993. Como director de Institucións Penitenciarias acometeu a dispersión dos presos de ETA e tivo que facer fronte a unha folga de fame dos presos do GRAPO[2]. Recibiu fortes críticas dende diferentes asociacións de presos (como APRE ou antigos membros da COPEL ) debido ao silencio administrativo fronte as denuncias contra os malos tratos, torturas e illamentos que se levaron a cabo nos penais españois durante a súa dirección, así como a dispersión de presos non asociados o agrupacións terroristas.
Nos comicios xerais dese ano, 1993, foi elixido deputado. Só uns meses máis tarde, e durante un período de crise dos gobernos socialistas presididos por Felipe González, dimite do seu cargo de Ministro do Interior, logo da fuga de Luis Roldán, quen daquela era antigo director da Garda Civil. Con todo, continuou no seu posto como deputado ata 1996.
Despois de abandonar a política a nivel estatal regresou no nivel autonómico. En 1998 preséntase como candidato ás primarias do seu partido, o PSOE da Comunidade Valenciana, pero foi derrotado por moi estreita marxe por Joan Romero. Mais só uns meses despois Romero dimite, e el pasa a ser o candidato nas eleccións autonómicas de 1999. Nos comicios o PP obtén maioría absoluta, e Asunción pasa a ser o voceiro da oposición. Perde as eleccións internas pola secretaría xeral do seu partido só catro meses despois, e dimite de todos os seus postos no PSOE, co que abandona a vida política e regresa á vida empresarial para impulsar un negocio de acuicultura.
En 2010 quixo tentalo de novo nas primarias socialistas á candidatura á Comunidade Valenciana, pero os órganos da súa formación estiman que parte dos avais que presenta non son válidos e desestima o seu nome. Asunción cuestionou a limpeza do proceso, e foi suspendido da militancia no PSOE.[Cómpre referencia] Dous anos máis tarde, en 2013 apoiou publicamente a Ciudadanos.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Muere el exministro del Interior socialista Antonio Asunción a los 64 años, nova en El Diario o 5 de marzo de 2016. (en castelán)
- ↑ "Antonio Asunción, exministro valenciano del Interior, muere a los 64 años". Las provincias (en castelán). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.